Confirmase a data da celebración do torneo de nadal, que xa de forma tradicional celebran os compañeiros de Lugo, que será nos vindeiros 26 e 27 de decembro do 2009. Nesta ocasión, o torneo levarase a cabo nas instalacións deportivas de A CHEDA, que se atopan situadas ó lado do centro comercial que Carrefour e do Anxo Carro. Ídevos preparando que cada vez queda menos.
ACTIVIDADES
| 10 Feb 2009
III TORNEO DE FÚTBOL-7 "PEÑA 9,15 DE LUGO"
Xa engadímos a crónica e as fotos que tíñamos do torneo de Lugo. Este ano sacaronse pouquiñas fotos, e a recopilación e bastante escasa. A crónica intenta ser o máis verídica posible, dendo o nóso punto de vista e tendo en conta que xa vai máis de un mes dende que foi a actividade.
As fotos e a crónica, tédela na sección Actividades do 2008/2009.
SAQUE DE CURRUNCHO
| 29 Dec 2008
Feliz ano 2009
Dende a A.R.C. Saque de Curruncho e dende a subdelegación de árbitros de Viveiro queremos desexarvos unhas boas festas de nadal e unha boa entrada no novo ano.
Por outra banda, informar que a páxina está a sufrir remodelacións continuas nestos días, polo que é problabe que existan seccións en construcción ou posibles erros nalguns apartados.
Xa están novamente dispoñibles as seccións de Actividades. Por certo, as fotos e a crónica do Torneo de Lugo, intentaremos tela para a semana que ven.
SAQUE DE CURRUNCHO
| 24 Nov 2008
Páxina web da Peña 9,15 de Lugo
Engadímos o link á páxina web da Peña 9,15, dos compañeiros da capital da nósa provincia e cos que compartimos delegación.
A peña 9,15 é a que se encarga dende fai varios anos de organizar o xa tradicional torneo de futbol 7 para árbitros, que se celebra na capital luguesa tódolos nadales.